xoves, 4 de decembro de 2025

ÁRBORES E ARBUSTOS MÁIS FAMOSOS DE GALICIA

Coñecedes cales son as árbores  e os arbustos máis importantes de Galicia? as nenas e nenos de 2ºEP volo contan!

Vera e Daniela contáronnos que o castiñeiro, o piñeiro e o carballo son 3 das árbores máis famosas de Galicia.
Na clase estudamos os seus nomes científicos, as súas follas, o seu froito....
Asier, Gara, e Lucca contáronnos moito sobre as árbores da nosa zona e os seus froitos.
 Tamén falaron dos arbustos como a xesta e o toxo. Coidado co toxo porque ten espiñas e pincha!!

Anxo foi dar un paseo e atopouse con carballos, castiñeiros, piñeiros e tamén con eucaliptos. Explicounos que os eucaliptos son unha especie invasora.
Brooke falounos das camelias, que son o arbusto máis famoso de Galicia. O sabías?
Ainara touxo un libro onde nos fala tamén das plantas máis importantes do noso entorno. Se queredes, pasade pola aula de 2º e o poderedes ler, xunto con outros libros sobre plantas que temos. A qué esperas?

luns, 24 de novembro de 2025

CULTIVOS MÁIS IMPORTANTES DE GALICIA

 Durante estas semanas estivemos investigando cales son os cultivos máis importantes de Galicia.

Os nosos compañeiros Lois, Iker e Anthony coincidiron en que o millo e a pataca son dous dos cultivos máis importantes de Galicia. Ademáis das hortalizas como a leituga, o tomate, o pemento...

Tamén falamos das viñas e da importancia que teñen as uvas na nosa comunidade.

Por outra banda, Alex, Adrián, Dylan, Óscar e Leslie nos falaron de algo moi interesante: 

"As árbores froiteiras máis famosas da nosa comunidade": 

Falamos das maceiras, das pereiras, ameixeiras, dos kiwis e tamén dos aguacates, que dende fai uns anos estasne a converter nun cultivo importante nas nosas terras.





domingo, 9 de novembro de 2025

CONSTRUIMOS UNHA DEPURADORA

A semana pasada construimos unha depuradora na aula.
Ademáis de ser moi divertido, serviunos para entender mellor como funcionan as depuradoras de verdade.
Tamén axudounos a reflexionar sobre a importancia de non contaminar a auga, aforrala e non malgastala.


Se na casa tes unha botella de plástico, filtros de café, algodón e un pouco de area... ti tamén podes construila!!!


luns, 8 de setembro de 2025

sábado, 6 de setembro de 2025

INICIO CURSO


O luns 8 de setembro comeza unha nova aventura na aula da mestra Elena!!

Preparados,

listos..... 

COMEZAMOS!!

 

ÁRBORES E ARBUSTOS MÁIS FAMOSOS DE GALICIA

Coñecedes cales son as árbores  e os arbustos máis importantes de Galicia? as nenas e nenos de 2ºEP volo contan! Vera e Daniela contáronnos ...