martes, 8 de xuño de 2021

A SAÚDE DA NOSA CONTORNA

Durante este 3º trimestre, na clase de 1º estivemos traballando a saúde da nosa contorna.

O noso interese espertou cando os alumnos e alumnas do CIFP A Granxa de Ponteareas nos contaron os problemas que tiña  unha paxariña chamada Ferreiriña que vivía nas árbores a carón  do Río Tea.

Comezamos a investigar sobre as árbores autóctonas, as especies invasoras como as belutinas, e sobre a contaminación do aire e a auga.
Logo, decidimos facer unha segunda parte para ese conto tan chulo e o  titulamos "Misión: río Tea" e o preparamos para contalo no kamishibai da nosa biblioteca.
Kamishibai co conto "a paxariña Ferreiriña"

Exposición sobre o Río Tea


Preparando a segunda parte do conto en equipos cooperativos.

Láminas cos debuxos e os textos do noso conto, preparadas para poñer no kamishibai


Para quen non o coñeza,  Kamishibai significa "teatro de papel" en xaponés. É unha forma de contar contos moi popular en Xapón e está formado por un conxunto de láminas que contan cun debuxo nunha cara e un texto noutra cara. Estas láminas colócanse nun teatro  de madeira.







MARMELADA DE AMORODOS

Para finalizar este segundo trimestre, na clase de segundo preparamos unha deliciosa marmelada de amorodos. Primeiro tivemos que investigar ...