sábado, 8 de xaneiro de 2022

PERCORRENDO EUROPA 🌍

 Durante este trimeste, na clase de 2º estivemos investigando sobre Europa, o continente no que vivimos.

O noso interese espertou grazas a Pacho e a súa maleta, que estaba chea de cousas moi interesantes, todas elas relacionadas con Europa.


Comezamos a interesarnos polos continentes e océanos do noso planeta e logo centrámonos nos países nos que Pacho estivo de visita: Francia, Italia, Reino Unido e Suecia. Aprendimos a situalos no mapa, coñecimos os seus ríos e as súas montañas, tamén cantos habitantes teñen e cal é a súa capital.

No día da discapacidade coñecimos a BEETHOVEN, un músico alemán  moi famoso que tiña unha discapacidade , era xordo!! queres coñecelo?


No mes de decembro fixemos unha exposición no corredor do cole con todas as nosas investigacións e fixemos un telexornal sobre as costumes navideñas en Europa.


MARMELADA DE AMORODOS

Para finalizar este segundo trimestre, na clase de segundo preparamos unha deliciosa marmelada de amorodos. Primeiro tivemos que investigar ...