domingo, 5 de marzo de 2023

Saída a Salvaterra de Miño

O venres 3 de marzo tivemos unha saída ao centro de Salvaterra.
Ás 10 da mañá recolleunos o tren turístico na porta do cole e levounos ao centro de día para facerlle unha visita aos nosos maiores e xogar unha partida ao bingo con eles. 
Logo coñecimos unha florería.
Máis tarde o tren levounos para a fortaleza. 
Alí merendamos e fixemos moitas actividades divertidas.
Ao rematar, o tren levounos de volta ao cole. 
Menuda mañá tan emocionante pasamos!

MARMELADA DE AMORODOS

Para finalizar este segundo trimestre, na clase de segundo preparamos unha deliciosa marmelada de amorodos. Primeiro tivemos que investigar ...