mércores, 10 de maio de 2023

CULTIVAMOS NA HORTA ESCOLAR

Coa chegada da primavera, puxemos a punto nosa horta escolar coa axuda dos compañeiros e compañeiras de segundo.

Plantamos tomates, leitugas, amorodos, cenorias, pementos, cabaciñas e feixóns.

Días despois, revisamos como estaba todo e retiramos as herbas silvestres que naceran ao redor. Tamén colocamos uns bonitos carteis para saber onde está cada plantiña.

Estamos desexando que medren máis para poder ir a recoller as nosas froitas e hortalizas.

ÁRBORES E ARBUSTOS MÁIS FAMOSOS DE GALICIA

Coñecedes cales son as árbores  e os arbustos máis importantes de Galicia? as nenas e nenos de 2ºEP volo contan! Vera e Daniela contáronnos ...