luns, 14 de outubro de 2024

Comezamos o proxecto deste curso: IMOS FACER HISTORIA

 A semana pasada atopamos unha máquina do tempo na biblioteca, e claro... tivemos que atravesala!!!

A máquina do tempo levounos ao pasado onde descubrimos unha mensaxe de Pacho e un cofre cheo de obxectos que tivemos que ordenar dende o máis antigo ata o máis moderno.


Atopamos tamén unha carte de Pacho dicindo que estaba atrapado no pasado e nos pedía axuda para descubrir onde se atopaba:


Así que rapidamente nos puxemos a investigar!!!!


ÁRBORES E ARBUSTOS MÁIS FAMOSOS DE GALICIA

Coñecedes cales son as árbores  e os arbustos máis importantes de Galicia? as nenas e nenos de 2ºEP volo contan! Vera e Daniela contáronnos ...