luns, 14 de outubro de 2024

PACHO ESTÁ EN ROMA

Descubrimos que Pacho está atrapado en Roma polas pistas que nos deixou:

- Uns números moi raros e un idioma que non entendíamos.

Resultou ser latín ese idioma tan extraño. E os números que non entendíamos son "os números romanos" que se fan con algunhas letras do abecedario como a V, I ou C.

Aproveitamos para buscar Roma nun mapa e comprobar se quedaba moi lexos do cole de Leirado.
Vimos que se podía ir en coche, en barco ou en avión.




Outono

Aquí unha pequena mostra das actividades realizadas neste outono na clase de 1º de primaria: